Skip to main content
Club

Arranca a LALIGA FC Pro 2025

Cristian Riquelme defenderá os colores do Racing Club Ferrol no torneo.

There are no reactions yet. Be the first!

Cristian Riquelme defenderá as colores do Racing Club Ferrol en LALIGA FC Pro, que a esta semana arranca da man de LALIGA e EA Sports. Mañá e pasado disputarase a primeira das dúas xornadas do campionato regular dunha competición que reúne a 38 clubes do fútbol profesional. A segunda xornada do campionato terá lugar o 11 e 12 de marzo.

Os participantes competirán divididos en oito grupos, disputando o acceso á FC PRO Cup e ás finais, que terán lugar en formato de eliminatoria directa. Real Oviedo, RC Celta, Deportivo Alavés e UD Las Palmas serán os adversarios do Racing Club Ferrol no grupo C. En total, disputaranse dúas roldas en cada grupo, o que aumentará a media de partidos disputados respecto ás tempadas anteriores.

Os tres primeiros clasificados de cada grupo disputarán a FC Pro Cup, que terá lugar o 5 e 6 de abril en San Sebastián. O mellor de cada cadro, ademais de acceder á segunda rolda deste torneo, tamén terá acceso directo ás finais de LALIGA FC Pro. O resto de equipos que loitarán polo título de liga sairán da competición copera.

Por segunda tempada consecutiva, o Racing Club Ferrol afronta este reto da man do equipo de Falke ESport, co cal o ano pasado xa conseguimos unha brillante clasificación para as FC PRO Cup.

O campionato poderase seguir a través de distintas plataformas, entre elas Twitch e YouTube.