Álvaro Giménez vestirá de novo a camisola verde
O dianteiro ilicitano embárcase no novo proxecto do Racing Club Ferrol
Álvaro Giménez Candela (Elx, 1991), que foi un dos protagonistas indiscutibles da tempada 23/24 do Racing en LALIGA Hypermotion, seguirá achegando o seu olfacto goleador e a súa xerarquía na Malata.
Giménez, que recalou en Ferrol no verán de 2023, asinou esa campaña once goles en liga e dous máis na Copa do Rei, rubricando unha tempada chea de momentos decisivos e actuacións memorables que conquistaron á bancada departamental.
Despois de ter achegado o seu xogo tamén no último exercicio, o atacante ilicitano embárcase agora neste novo proxecto coa motivación intacta e a mirada posta nos novos e ilusionantes horizontes.
O Racing Club Ferrol segue así dando pasos firmes para consolidar un cadro competitivo, no que a incorporación de pezas clave como Álvaro Giménez é sinónimo de ilusión e ambición para afrontar o reto da próxima tempada.