Skip to main content

Os alumnos do Isaac Peral presumen de racinguismo na Malata

Alumnos do centro educativo visitaron as nosas instalacións

There are no reactions yet. Be the first!

O alumnado de 5º de Primaria do CEIP Isaac Peral visitou esta mañá o estadio da Malata, onde puido descubrir como se organiza o traballo diario no entorno do fútbol profesional. Durante a actividade, os rapaces e rapazas presenciaron en directo un adestramento do primeiro equipo e tiveron a ocasión de intercambiar unhas palabras cos futbolistas, achegándose así a unha realidade que habitualmente só ven desde a bancada.

A visita incluíu un percorrido por distintas zonas do recinto, no que coñeceron detalles sobre a traxectoria do club e a súa identidade. Ao longo da actividade, púxose o foco en principios fundamentais como o compañeirismo, a constancia, a responsabilidade, a humildade e a capacidade de superación, ademais do arraigamento co entorno que caracteriza á entidade.

Este tipo de experiencias buscan estreitar a relación co alumnado e espertar o seu interese polo deporte desde unha perspectiva educativa. A iniciativa forma parte do compromiso do club por abrir as súas portas aos centros escolares, xerando propostas que combinan formación e emoción.

Queremos agradecer ao CEIP Isaac Peral a súa implicación e entusiasmo durante toda a visita. Agardamos que a súa estancia na Malata fose gratificante e axude a cultivar ese racinguismo que abandeiran.