Álex Vázquez chega ao Racing coa ambición e ilusión de "construír e despegar".
O novo director de fútbol do club chega acompañado polo naronés Diego Rivas e por Marcos Fontenla
Un novo Racing "alegre, gañador e que desperte o sentimento ferrolán", así definiu o noso presidente, Manuel Ansede, o proxecto que Álex Vázquez liderará durante as duas próximas campañas dende a dirección de fútbol do Racing Club Ferrol. Unha sombrilla estrutural ampla que engloba unha metodoloxía e filosofía de traballo baixo a que se atopará todo o club.
O ourensán estivo acompañado na súa presentación por Diego Rivas, naronés e canteirán do Racing, un "home da casa" que, ademais de axudalo a empaparse da idiosincrasia do club, será a súa man dereita en cuestións deportivas. Xunto con eles, traballará estreitamente Marcos Fontenla, analista de datos e gran coñecedor dos mercados internacionais.
"Ambición" e "ilusión" marcan a chegada de Álex Vázquez ao Racing, pero tamén a prudencia de ser conscientes de que "nos toca competir na Primeira Federación e temos que ter moi claro que hoxe somos un equipo da Primeira Federación e, a partir de aí, a construír e a despegar".
"Foi moi fácil tomar a decisión de vir ao Racing. Confoío moito na ambición e na ilusión do proxecto".
"Pablo López é o mellor adestrador que pode ter o Racing. Os motivos e a súa traxectoria están aí, e o que é medible non é opinable. Coñece a casa e sente isto. Imos facer un gran equipo. Xa comezamos a poñer ideas en común, percíbese unha sintonía e estamos bastante alineados".
"Se non conseguimos o obxectivo o primeiro ano, polo menos que quede un traballo que permita darlle continuidade ao proxecto e que estemos máis preto. Os que máis presión nos metemos imos ser nós e estamos preparados para todos os escenarios".
"Construír de cero é difícil, pero tamén é certo que ten cousas moi positivas. Non me asusta, porque vexo dun club no que todos os anos me tocaba ese mesmo contexto".