Skip to main content
Club

Álex Vázquez, asume a dirección deportiva do Racing Club Ferrol

O seu equipo de traballo estará composto polo naronés Diego Rivas e por Marcos Fontenla

There are no reactions yet. Be the first!

O Racing Club Ferrol chegou a un acordo con Álex Vázquez López (Ourense, 1994) para que ocupe o posto de director deportivo no club durante as duas próximas tempadas. O ourensán chega á entidade tras cinco exitosas campañas á fronte da área deportiva no CD Arenteiro, nas que xogou un papel determinante no exitoso crecemento do club dende a Terceira División ata a súa consolidación na 1ª RFEF.

Álex Vázquez chega ao Racing cun sólido equipo de traballo no que destaca a presenza do naronés Diego Rivas, co que coincidiu hai dúas tempadas no club de Espiñedo, exercendo este como adestrador de porteiro. Un posto que na última tempada desempeñou no Vizela da Segunda División portuguesa. Agora, Rivas, que formaba parte da plantilla do Racing que logrou o ascenso a LALIGA Hypermotion hai dúas tempadas, regresa á que é "a súa casa" nun posto directamente ligado á dirección deportiva.

Marcos Fontenla, en funcións de scouting e analista, completa o organigrama da nova dirección deportiva do Racing. Un equipo que será presentado mañá e que de forma inmediata abordará a planificación da nova campaña de forma coordinada co técnico Pablo López