Skip to main content

A Malata, estadio libre de fume

O club está comprometido coa convivencia saudable dentro das súas instalacións

There are no reactions yet. Be the first!

En cumprimento da normativa vixente, o Racing Club Ferrol lembra a todos os abonados e afeccionados que o estadio da Malata é un espazo libre de fume.

Isto implica a prohibición expresa de fumar calquera tipo de tabaco, así como o uso de cigarros electrónicos, vapeadores ou dispositivos similares dentro das instalacións do estadio.

Esta medida responde ao noso firme propósito de promover contornos seguros, saudables e respectuosos, especialmente cos menores, persoas vulnerables e afeccionados non fumadores. Fomentar unha convivencia baseada no respecto mutuo e o coidado colectivo é parte esencial dos valores que definen á nosa entidade.

Agradecemos a colaboración de todos os racinguistas no cumprimento desta norma, que contribúe a facer da Malata un espazo máis inclusivo e saudable para todos.