ZONA MIXTA | Pablo López e Pascu valoran a vitoria do Racing ante o Real Madrid Castilla
Pablo López, técnico do Racing
"Partido moi disputado e complicado contra un rival de máxima categoría e xogadores internacionais. Ademais, as condicións ambientais eran moi duras, con máis de 30 ºC. Estamos moi contentos co traballo dos xogadores, que fixeron un esforzo titánico, tanto os que xogaron como os que saíron desde o banco. Entraron xogadores que non participaran e fixeron un partido espectacular".
"Estamos moi contentos co partido que fixemos e con ter conseguido os tres puntos nun campo no que moita xente non os logrará. Soubemos repoñernos ao gol que nos anularon e conseguimos marcar nunha acción a balón parado, que son xogadas moi importantes. Tivemos dúas ou tres ocasións para facer o segundo, pero ao final tocounos sufrir e defender como un equipo. Quédome, sobre todo, coa solidariedade do grupo, con gañar como un equipo unido, axudándose todos os xogadores. Unha alegría fantástica no vestiario ao rematar".
"Moi contento porque é difícil enlazar vitorias e o único segredo é pensar no seguinte partido. Disfrutar agora desta vitoria e, a partir de mañá, centrarse no partido contra o Lugo".
"Que haxa goleadores distintos é bo porque van collendo confianza. Marcou un golazo Pascu, pero tamén houbo situacións para que marcasen Antón ou Jairo. Moi contento por eles, pero tamén por manter a portería a cero, que é igualmente importante".
Pascu
"Foi un gran resultado contra un rival moi complicado"
"Sabiamos que nos ía dominar, porque ten xogadores de gran calidade e talento, pero o equipo traballou moi ben. Estivemos compactos e axudámonos moito"
"O importante é a vitoria nunha semana de tres partidos. Agora temos que enfocarnos no partido de Lugo"
"Persoalmente, estou contento co gol. Espero que sexa o primeiro de moitos. Hai que seguir traballando para que cheguen máis vitorias e poder facer feliz á xente do Racing"