Voltamos ás aulas
Esta semana inauguramos no IES Catabois o ciclo anual de visitas a centros escolares que promove a Fundación Racing Club Ferrol
Esta semana inauguramos no IES Catabois o ciclo anual de visitas a centros escolares, unha actividade promovida desde a Fundación Racing Club Ferrol que nos permite achegarnos aos sectores máis novos da poboación, convertidos nos últimos anos nun fiel viveiro de racinguistas.
Saúl, Jairo Noriega e Antón Escobar compartiron parte da mañá do xoves coa comunidade educativa deste centro, exemplo de integración, pluralidade cultural e promoción educativa. Con eles conversaron acerca dos valores ligados ao deporte e ao noso propio club, tales como un estilo de vida saudable, a excelencia académica ou a saúde mental.
Nas dúas últimas tempadas, este programa de visitas escolares levounos a case unha trintena de centros educativos da comarca e a asociacións que traballan directamente con nenos e mozos.
Porén, este programa non é máis que a punta do iceberg dun ambicioso proxecto de responsabilidade social corporativa, a través do cal queremos afianzar e promover a nosa presenza na comarca. Mediante unha escoita activa que nos permite liderar e sumar esforzos no ámbito social, colaboramos regularmente con todo tipo de iniciativas que melloran significativamente a vida dos nosos veciños.
Visita ao IES Catabois


