O Racing Club Ferrol porá á venda desde mañá ás 10.00 horas de forma preferente para os seus abonados as máis de trescentas entradas que o CD Mirandés lle asignou para a bancada de afección visitante de cara ao encontro que ambos equipos disputarán o próximo sábado 24 de outubro, ás 16.30 horas, no Estadio de Anduva, correspondente á novena xornada de Primeira Federación.
As localidades terán un prezo único de 15€ e todas elas serán nominativas, polo que é necesario achegar o nome e DNI da persoa que as vai utilizar, así como un correo electrónico, pois será o CD Mirandés quen as envíe directamente ao comprador por esa vía.
Venda para abonados
A venda exclusiva para abonados desenvolverase nas oficinas da Malata mañá martes e o mércores, en horario de 10.00 a 16.30 horas.
Cada abonado poderá adquirir un máximo de tres localidades. Será obrigatorio achegar a información correspondente de todas as persoas que vaian utilizar as localidades. Todos os asistentes deberán ser abonados do club.
Venda para público non abonado
No caso de que queden localidades dispoñibles despois da venda para abonados, o xoves 8 de outubro abrirase a venda ao público non abonado, de 10.00 a 16.30 horas.