Fundación
Visita ao CPI O Feal
Delmás, Nacho e Perea compartiron parte da mañá co alumnado do centro
There are no reactions yet. Be the first!
O CPI O Feal recibiu esta mañá a visita dunha delegación do equipo. Julián Delmás, Luis Perea e Nacho compartiron a parte final da mañá coa comunidade educativa do centro e gozaron dun espléndido recibimento por parte dun alumnado entregado. Os cativos e cativas exerceron de xornalistas indagando sobre distintas cuestións relacionadas co mundo do fútbol e do propio Racing. Como sempre, houbo tempo tamén para tomarse fotos, asinar un bo número de autógrafos e empaparse de racinguismo.
¡Grazas por todo o afecto que sempre nos mostrades!
Más noticias
Os equipos de fútbol de Ferrolterra acompañarannos nas bancadas da Malata
Fundación
As redes sociais, a difusión da imaxe e as apostas deportivas centran a sesión formativa que a Policía Nacional impartiu aos nosos canteiráns.
Fundación
Visita á EF Irmandiños
Fundación
Recolleita de alimentos a favor de Balrial
Fundación