Skip to main content
Fundación

Visita á EF Irmandiños

David Castro, Pocho Insúa e Fran Manzanara compartiron as súas experiencias cos integrantes das categorías de base da escola e as súas familias.

There are no reactions yet. Be the first!

Na tarde de onte visitamos o campo de San Sadurniño para pasar a tarde con varios dos equipos de categorías inferiores da Escola de Fútbol Irmandiños, que aglutina as categorías de formación do Moeche, Cebarca, San Sadurniño e Somozas. David Castro, Fran Manzanara e Pocho Insúa tiveron oportunidade de falar cos máis pequenos do club e coas súas familias, compartindo as súas experiencias no fútbol profesional, aconselláronlles na práctica deportiva e faláronlles dos valores e experiencias que lles reportou o fútbol e o mundo do deporte.

Durante a visita, aproveitaron tamén para tomarse infinidade de fotografías, asinar autógrafos e compartir momentos distendidos cos mozos futbolistas e as súas familias.

Queremos agradecer á EF Irmandiños a súa inmellorable acollida e a oportunidade que nos brindou para achegarnos a todas esas entidades que con tanto esforzo sustentan o fútbol de formación na comarca.