Skip to main content
Fundación

Recolleita de alimentos a favor de Balrial

As doazóns serán recollidas na tenda oficial dende hoxe día 31 ata o día 5 de abril.

There are no reactions yet. Be the first!

Durante toda a semana, a nosa tenda oficial, situada na rúa Real, converterase nun punto de recollida de alimentos en favor da asociación Balrial. Trátase dunha campaña que, dende a Fundación Racing Club Ferrol, realizamos anualmente con motivo dalgunha das nosas encontros, pero que nesta ocasión decidimos ampliar a toda unha semana -até o 5 de abril- para facilitar as doazóns.

A vosa solidariedade estará incentivada, pois cada aportación será correspondida cun 5 % de desconto en cada compra na tenda e un código co que poderedes participar no sorteo dunha chaqueta Adidas ZNE exclusiva do Racing Club Ferrol.

Dende Balrial lembran que, aínda que todas as aportacións son ben recibidas, necesitan de forma prioritaria alimentos non perecedoiros, como leite, galletas, cacao en po, conservas vexetais, conservas de peixe, pratos preparados, aceite e azucre.