Venda de entradas para o partido contra o Celta Fortuna en Barreiro
There are no reactions yet. Be the first!
O partido correspondente á 9ª xornada da Liga Versus E-Learning de Primeira Federación que disputaremos o 25 de outubro ante o Celta Fortuna celebrarase finalmente en Balaídos, polo que o Real Club Celta de Vigo pon á nosa disposición todas as entradas que sexan necesarias para a bancada visitante.
Co propósito de facer unha estimación de cantas localidades precisamos, todos os afeccionados racinguistas interesados en acudir ao encontro deberán realizar unha prereserva antes do luns día 20 de outubro ás 17.00 horas.
O prezo das localidades é de 15€.
-
Inscrición:
- En liña: A través deste formulario aloxado na nosa web
- Presencial: Nas oficinas da Malata en horario de oficina
-
Compra:
- Soamente se venderán entradas a aquelas persoas que realizasen unha reserva previa
- A compra da entrada deberá materializarse de forma presencial nas oficinas da Malata nas xornadas do mércores, xoves e venres.
- Para a súa adquisición, será necesario presentar o DNI
HORARIO DE OFICINA: De luns a xoves de 10.00 a 16.30 horas e venres de 10.00 a 14.00 horas