Skip to main content

Venda de entradas para o partido do sábado na Malata ante o CD Tenerife

As localidades poderán adquirirse desde mañá tanto de forma presencial como en liña

There are no reactions yet. Be the first!

A partir das 14.00 horas deste martes, poñeranse á venda as entradas para o partido da Liga Versus E-Learning de Primeira Federación que o sábado 1 de novembro, a partir das 18.30 horas, disputaremos na Malata ante o CD Tenerife.

As localidades poderán adquirirse tanto de forma presencial, nas oficinas da Malata, como en liña.

Os prezos son os seguintes

  • Tribuna: 25 €
  • Preferencia: 20 €
  • Fondo Norte e grada visitante: 15 €

Horarios

  • Venda en liña: Neste enlace
  • Venda física: De luns a xoves, de 10:00 a 16.30 horas; venres, de 10.00 a 13.30 horas; sábado, nas billeteiras da Malata situadas na grada de Preferencia desde unha hora antes.