O club amplía o contrato do porteiro, que será operado a próxima semana da lesión de ombreiro que o afastará dos terreos de xogo o que resta de tempada.
O Racing Club Ferrol e Lucas Díaz alcanzaron un acordo para ampliar o contrato do porteiro ata o 30 de xuño de 2028. Con esta renovación, o club reafirma a súa confianza no porteiro e a súa aposta por el para a próxima tempada.
As probas diagnósticas que se lle fixeron tras o golpe do pasado sábado en Lezama, ante o Bilbao Athletic, confirmaron que Lucas sofre unha luxación acromioclavicular de grao 3 no ombreiro esquerdo, con rotura dos ligamentos asociados.
O porteiro será intervido cirurxicamente a próxima semana para reparar a articulación. Despois comezará un proceso de recuperación que o manterá afastado dos terreos de xogo durante o que resta de tempada.