Skip to main content
Eric Monjonell e Jesús Bernal, a exame no Colexio Compañía de María

Os xogadores responderon ás preguntas do alumnado de 5º e 6º de Primaria e compartiron con eles os valores do club

Eric Monjonell e Jesús Bernal cambiaron esta mañá o céspede polas aulas. Ambos futbolistas compartiron agradables momentos co alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria do Colexio Arenales Compañía. A visita forma parte do programa de visitas a centros educativos que impulsa a Fundación Racing Club Ferrol.

Bernal e Monju someteron a unha auténtica rolda de prensa escolar e responderon ás preguntas dun auditorio con moitas ganas de coñecer como é, desde dentro, a vida dun xogador profesional.

A súa mensaxe foi máis alá do fútbol. Monju e Jesús falaron dos valores do deporte, da importancia de adquirir hábitos de vida saudables e do lugar que tamén deben ocupar os estudos no camiño de quen soña con dedicarse ao fútbol. A visita pechouse cunha sesión de fotos e autógrafos.

Sabemos que, para moitos destes nenos e nenas, os xogadores do Racing son un espello no que mirarse. Por iso gústanos coidar a mensaxe que lles trasladamos, dentro e fóra das aulas. Ademais, achegarnos a eles permítenos poñer o foco e o coidado nas xeracións máis novas de racinguistas, que representan o auténtico futuro deste club.

Grazas a toda a comunidade educativa do Colexio Arenales Compañía por abrirnos as súas portas e polo agarimo co que nos recibiron.