Skip to main content

Venda de entradas para o partido do domingo contra o Real Avilés Industrial na Malata

O partido corresponde á xornada 34 da Liga Versus E-Learning

There are no reactions yet. Be the first!

Xa están á venda as entradas para o partido de Liga Versus E-Learning de Primeira Federación que disputamos este domingo día 26, a partir das 20.30 horas, na Malata ante o Real Avilés Industrial. 

As localidades poderán adquirirse tanto de forma presencial, nas oficinas da Malata, como en liña.

Os prezos son os seguintes

  • Tribuna: 25 €
  • Preferencia: 20 €
  • Fondo Norte e bancada visitante: 15 €

Afección visitante: Sectores 10 e 11 do Fondo Norte

Horarios

  • Venda en liña: Neste enlace
  • Venda física: martes a xoves, de 10:00 a 16.30 horas; venres, de 10.00 a 13.30 horas e o sábado, día de partido, na billeteira da Malata, situada na bancada de Preferencia, desde unha hora antes.