Venda de entradas para o partido do domingo ante o Unionistas na Malata
O choque dispútase ás 16.00 horas na Malata
There are no reactions yet. Be the first!
Xa están á venda as entradas para o partido da Liga Versus E-Learning de Primeira Federación que este domingo 14 de decembro, a partir das 16.00 horas, disputaremos na Malata ante o Unionistas de Salamanca.
As localidades poderán adquirirse tanto de forma presencial, nas oficinas da Malata, como en liña.
Os prezos son os seguintes
- Tribuna: 25 €
- Preferencia: 20 €
- Fondo Norte e bancada visitante: 15 €
Para a afección visitante, os sectores habilitados son o 10 e o 11 do Fondo Norte.
Horarios
- Venda en liña: Neste enlace
- Venda física: De luns a xoves, de 10:00 a 16.30 horas; venres, de 10.00 a 13.30 horas; domingo, nas billeteiras da Malata situadas na bancada de Preferencia desde unha hora antes.