Nico Adega comparte o seu exemplo de superación coa nosa canteira
O campión do mundo paralímpico ofrecerá unha charla aos nosos mozos futbolistas como parte das Xornadas de Crecemento Deportivo e Persoal que desenvolve o club
There are no reactions yet. Be the first!
O Racing Club Ferrol, a través da súa Fundación, organiza o vindeiro luns 15 de xuño unha nova edición das Xornadas de Crecemento Deportivo e Persoal, unha iniciativa que ten como obxectivo fomentar os valores do deporte, a superación e o desenvolvemento individual entre os deportistas e profesionais que compoñen as nosas categorías de formación.
Baixo o lema “Que ninguén che poña límites”, a sesión contará coa participación de Nico Adega, campión do mundo de piragüismo adaptado na categoría KL3, quen ofrecerá a charla “Superación, deporte e futuro”. Durante o encontro, o deportista compartirá a súa experiencia persoal e deportiva, trasladando aos asistentes unha mensaxe de esforzo, resiliencia e motivación.
O evento, aberto só aos membros do club, terá lugar a partir das 17:00 horas nas instalacións do Club de Campo Ferrol, entidade que colabora coa celebración desta actividade mediante a cesión do espazo.