Skip to main content

Varios xogadores da nosa canteira adestran cos combinados comarcais e autonómicos

2

There are no reactions yet. Be the first!

Varios xogadores da nosa canteira están a participar esta semana en sesións de traballo tanto coas seleccións autonómicas como comarcais, preparando en ambos casos os compromisos que se lles aveciñan nos Campionatos de España e Galego.

Autonómico

Hugo Cabezón Yáñez e Diego Cabanas Castro adestráronse onte en Abegondo coa selección galega sub-16. A sesión consistiu nun partido de adestramento ante o RC Deportivo.

No mesmo escenario e ante o mesmo rival —pero do seu grupo de idade— enfrontouse a selección irmandiña sub-14, nas cuxas filas traballou Xabi Robles Rodríguez.

Comarcal

Na xornada do martes, Alejo Martínez, Lois Martínez e Manuel Embade tomaron parte no adestramento da selección comarcal correspondente á categoría sub-12, celebrado nas instalacións de Río Seco.

Por último, esta tarde Hugo López, Pablo Fernández, Edgar Rodríguez, Tiago Abella e Gael Romalde participan nos adestramentos da selección sub-13 masculina de Ferrolterra en Río Seco.

As inclemencias meteorolóxicas impediron que onte se adestrase o combinado sub-13 feminino, que tiña previsto traballar en Sinde con presenza das nosas xogadoras Sara Caaveiro, Jeily Nicole Calle, Celia Mourente, Carolina Rodeiro e Sherezade Rodríguez.