Skip to main content
O Racing suma a Miguel Morro á súa portería

O porteiro madrileño, formado no Rayo Vallecano, chega tras a grave lesión de ombreiro que afastará a Lucas Díaz dos terreos de xogo o que resta de tempada.

Miguel Ángel Morro Muñoz (Alcalá de Henares, 2000) incorpórase ao Racing Club Ferrol para reforzar a portería do equipo verde. O porteiro madrileño, formado na canteira do Rayo Vallecano, conta con experiencia en Segunda División e no fútbol portugués.

A súa chegada responde á baixa de Lucas Díaz, que sufriu no partido ante o Bilbao Athletic unha luxación acromioclavicular no ombreiro esquerdo que necesitará reparación cirúrxica e apartarao do terreo de xogo esta tempada.

Formado na canteira do Rayo Vallecano, Morro foi internacional en categorías inferiores con España e debutou co primeiro equipo franjirroxo en Segunda División, onde xogou 13 partidos. Seguiu medrando na categoría de prata, cedido primeiro no CF Fuenlabrada (2021/22) e despois no Villarreal CF B (2023/24).

As súas dúas últimas tempadas foron en Portugal. No FC Vizela chegou a disputar a eliminatoria de ascenso á Primeira Liga e no Leixões SC competiu na Liga Portugal 2.

Agora, Miguel Morro recala no Racing para reforzar unha portería na que César Fernández tomou o relevo de Lucas no último encontro. Chega con traxectoria no fútbol profesional e coa madurez dun porteiro que, aos seus 26 anos, xa sabe o que é competir lonxe da casa. Ambos conformarán un tándem de garantías baixo os paus.

Benvido ao Racing, Miguel!