Skip to main content

Unha bola extra

El Racing recibe al Burgos en A Malata en encuentro aplazado correspondiente a la 24ª jornada

There are no reactions yet. Be the first!

O Racing Club Ferrol disputa mañá -20.00 horas- en A Malata ante o Burgos CF o partido correspondente á 24ª xornada de LALIGA Hypermotion aprazado no seu momento debido ás inclemencias meteorolóxicas. Un encontro de vital trascendencia para ambos os dous equipos tendo en conta que o conxunto burgalés marca agora mesmo a fronteira respecto aos postos de permanencia, que o Racing ve actualmente a once puntos. Unha vitoria permitiríanos recortar distancias e metería de cheo ao noso oponente na loita pola salvación de cara á recta final do campionato.

Erick Cabaco, que se reincorporará ao grupo o xoves, e Nacho Sánchez, que sufriu unha forte contusión nas costelas no último partido, serán baixa para este encontro, no que tampouco poderá xogar Rober Correa, sancionado por acumulación de tarxetas.

Nas filas do Burgos CF, Ramis, pola súa parte, contará coa xa coñecida baixa de Raúl Navarro por lesión.