Skip to main content
Primer Equipo

Novidades no regreso do Racing a A Malata

Michel Alonso sentarase no banco de forma interina

There are no reactions yet. Be the first!

O Racing volve a A Malata case un mes despois de disputar o seu último partido como local e faino no último compromiso da primeira volta do grupo I de Primeira Federación Versus E-Learning. Un duelo no que se enfrontará ao Bilbao Athletic, mañá a partir das 16.15 horas.

Faino con novidades, tras a destitución esta mesma semana do técnico Pablo López. Míchel Alonso, adestrador do Xuvenil de División de Honra, asumiu de forma interina a dirección do equipo e sentarase mañá no banco de A Malata.

"Sei que non vou deixar unha pegada tremenda en dous días, pero si quero que se vexan cousas", aseguraba o preparador ferrolán como declaración de intencións de cara a este compromiso, no que tratará de reverter os últimos resultados adversos.

Unha traxectoria oposta á do filial bilbaíno neste tramo do campionato, que nos levou a vernos as caras con só dous puntos de diferenza.

Afección

Tamén tivo palabras o técnico para a afección racinguista e para o que a día de hoxe supón para calquera rival xogar en A Malata —"Que non é doado", advertiu—, convencido de que o pulo dos seguidores verdes será determinante: "temos que darlles o que queren: un equipo que empurre, que vaia, con ganas...".