Primer Equipo
Derrota na Copa do Rei
There are no reactions yet. Be the first!
A Copa do Rei MAPFRE rematou para o Racing tras a derrota sufrida en A Malata fronte á SD Huesca.
Un gol de Ángel Pérez, no minuto 15, e outro de Ntamack, no 72, deron o triunfo á formación aragonesa nunha contenda na que o conxunto anfitrión dispuxo de varias ocasións claras para que o resultado fose outro ben diferente.
A plantilla racinguista retoma mañá mércores o traballo, para preparar o seu próximo compromiso de liga, que se disputará o sábado, no Estadio Príncipe Felipe, ante o CP Cacereño.