Skip to main content

Sorteo para a compra de entradas do CD Arenteiro-Racing

O sorteo e as entradas están reservados para ABONADOS DO CLUB

There are no reactions yet. Be the first!

O Club Deportivo Arenteiro puxo á nosa disposición 300 entradas para a bancada visitante, de cara ao partido que o sábado 8 de novembro disputaremos en Espiñedo. Tras outorgar unha porcentaxe ás nosas peñas e colectivos oficiais de afeccionados, o Racing porá á venda 200 entradas entre aqueles abonados que resultasen gañadores dun sorteo previo.

Tanto as entradas como o sorteo están reservados en exclusiva para abonados do club.

Inscrición no sorteo:

  • Datas: Do venres 31 de outubro ás 17.30 horas ao luns 3 de novembro ás 23:59 horas.
  • Modalidade:
    • En liña: A través do formulario dispoñible na nosa web
    • Presencial: Nas oficinas de A Malata, o luns de 10:00 a 16:30 horas.
  • Aberto só a abonados do club
  • Cada gañador terá dereito a adquirir un máximo de dúas entradas: unha deberá estar ao seu nome e a outra ao nome de outro abonado
  • As entradas non poderán ser cedidas a terceiros

Sorteo:

O sorteo realizarase o martes 4 pola mañá.

Compra de entradas:

  • As entradas poranse á venda o martes e mércores, de 10:00 a 16:30 horas, e o xoves de 10:00 a 12:00 horas.
  • O pago poderá realizarse en efectivo, con tarxeta ou por transferencia bancaria.
  • O prezo das entradas é de 20€.
  • Os abonados que resultasen agraciados no sorteo, pero non fagan efectiva a compra antes do xoves ás 12:00 horas, perderán todos os dereitos adquiridos