Skip to main content

Reserva de entradas para o partido do domingo en Tajonar ante o Osasuna Promesas

Os afeccionados deberán aboar o prezo da entrada na billeteira, antes do inicio do partido.

There are no reactions yet. Be the first!

O Club Atlético Osasuna asignou ao Racing un cento de entradas para a bancada visitante de cara ao partido que este domingo, ás 12.00 horas, nos enfrontará en Tajonar ao Osasuna Promesas. 

Aínda que as entradas deberán ser abonadas e recollidas o mesmo día do encontro na billeteira desde unha hora antes, é necesario reservalas previamente. Para iso, os afeccionados interesados en acudir ao encontro deberán poñerse en contacto co Racing Club Ferrol a través do correo electrónico info@racingclubferrol.net indicando o nome de todas as persoas que acudirán ao partido, co seu DNI e teléfono de contacto, especificando tamén se algún deles é menor de 14 anos.

Os prezos das localidades son de 15€ para os adultos e de 5€ para os menores de 14 anos.

A reserva farase por rigorosa orde de chegada da petición. O listado pecharase o venres, 10 de outubro, ás 12.00 horas.