Skip to main content
Primer Equipo

David Carballo, primeira peza do novo proxecto racinguista

O xogador pontés renovou o seu compromiso coa entidade e ocupará unha das fichas sub 23

There are no reactions yet. Be the first!

Con tanta ambición como prudencia, iniciamos a reconstrución dunha plantilla que nos permita regresar ao fútbol profesional máis cedo ca tarde. A primeira pedra sobre a que sustentar este ilusionante proxecto ten apelido e orixe galego, e selo de Ferrolterra: o canteirán David Carballo convértese no primeiro xogador que sela a súa continuidade na entidade de cara á tempada 2025/26.

A súa responsabilidade, tenacidade e traballo nas dúas últimas campañas, nas que alternou a súa presenza no Xuvenil de Primeira Nacional e no primeiro equipo, convérteno na nosa primeira aposta forte. Unha declaración de intencións e un compromiso cos mozos valores futbolísticos da comarca.

David Carballo disputou na pasada campaña 4 partidos co primeiro equipo nos que xogou 114 minutos entre LALIGA Hypermotion e a Copa do Rei. Tras deixar atrás a súa etapa xuvenil e ocupando unha ficha sub 23, esta campaña pode ser o escenario propicio para que afiance o seu crecemento futbolístico.