Raúl Blanco reforza o ataque do Racing Club Ferrol
O futbolista chega en calidade de cedido desde o Casa Pía da primeira división portuguesa.
Raúl Blanco Juncal (Moaña, 4 de xullo de 2001) reforzará a nosa plantilla de cara á segunda volta do campionato lixeiro. O xogador, formado nas categorías de base do Celta, chega en calidade de cedido polo Casa Pía da primeira división portuguesa.
Raúl Blanco é un xogador técnico, hábil co balón nos pes e con facilidade para encarar a meta rival. Aínda que a súa posición natural é a de mediapunta, pode actuar con soltura en calquera das dúas bandas como extremo.
Ata que o pasado verán fichou polo Casa Pía, o futbolista desenvolveu toda a súa vida deportiva no Real Club Celta cunha breve cesión dunha campaña no Arenteiro. A súa evolución desde entón foi ascendente e, de feito, foi unha das grandes referencias do Celta Fortuna nas dúas últimas campañas. Na última de feito, foi un dos xogadores fixos nos esquemas do cadro olívico, acumulando 2.176 minutos. Os once goles que anotou esa campaña son un fiel reflexo do seu bo "olfato" de cara á meta rival, pero tamén as oito asistencias son moi destacables.