Puesta a punto do campo de A Malata
O campo de xogo está a ser sometido a traballos de mantemento para que estea en perfecto estado de cara ao inicio da próxima tempada
Como cada ano, coincidindo co período estival, o terreo de xogo do estadio de A Malata vai someterse a un profundo traballo de mantemento. O obxectivo é dobre e pasa, por unha banda, porque alcance en perfectas condicións o inicio de liga, previsto para finais de agosto; pero, ao mesmo tempo, búscase que os froitos de toda esta posta a punto sexan palpables tamén ao longo de toda a campaña, sobre todo nos meses climatoloxicamente máis esixentes da competición.
A empresa Calfensa comezou esta mesma semana as operacións, cunha primeira fase de decapado do terreo de xogo. Durante a mesma será extraída a cuberta vexetal para eliminar a capa de materia orgánica que se foi acumulando entre a parte aérea do céspede e o solo, coñecida como thatch; así como a poa annua, unha herba común nestas superficies.
A partir desta primeira etapa, acometeranse outras tarefas, tales como o pinchado oco do terreo, recebado -aplicación dunha fina capa de area e materia orgánica que mellore a estrutura do solo-, sementeira e descompactación do céspede.
De forma paralela, tamén están a realizarse diversas tarefas de acondicionamento do terreo de xogo de A Gándara, onde xa se realizaron procesos de escarificado. Nos próximos días repetiranse tamén alí o pinchado, recebado e resiembra. Neste caso, a actuación está moito máis avanzada pois será o escenario no que o equipo realice xa a pretemporada e, polo tanto, debe estar operativo para mediados de xullo