De Racing a Racing
O Racing Club Ferrol enfrontase nos Campos de Sport de El Sardinero co Real Racing Club
Punto tras punto, buscamos acercarnos á permanencia dando continuidade a bos resultados. Mañá, ante o Real Racing Club, queremos facer bo o punto sumado a semana pasada fronte ao FC Cartagena neste arranque da segunda volta. A xornada 23 de LALIGA Hypermotion levarnos aos campos de Sport de El Sardinero para medirnos, a partir das 16.15 horas a un adversario que quere facerse forte ante o seu público.
Os cántabros tiveron un arranque fulgurante de tempada que lles permite manterse en postos de privilexio aínda que os seus últimos envites non foron idóneos para os seus intereses.
Tampouco estamos sós nós, con máis de 300 dos nosos racinguistas nas bancadas. E é que, contra vento e marea, a fidelidade dos seguidores do Racing Club Ferrol mantense inquebrantable.
Para a contenda, Cristóbal Parralo conta coas baixas de Frna Manzanara, Brais Martínez e Erick Cabaco, así como de Álvaro Giménez, con molestias nun tendón. Polo contrario, regresa á convocatoria Rober Correa tras cumprir un partido de sanción. Tamén estará dispoñible Aitor Gelardo, que probou o seu estado físico esta mesma mañá tras as molestias que o obrigaron a retirarse no último partido fronte ao FC Cartagena.
No bando santanderino, José Alberto López conta coas ausencias de Meseguer, Michleín e Iñigo Vicente.
CONVOCATORIA: Emilio Bernad, Rober Correa, Aleksa Puric, Naldo, Álvaro Sanz, Chiki, Álex López, Eneko Jauregi, Señé, Nacho, Bebé, Yoel, Gelardo, David Castro, Dorrío, Manu Vallejo, Aitor Buñuel, Luis Perea, Jesús Ruiz e David Carballo.