Skip to main content
Primer Equipo

Un derbi, tres puntos

Recibimos ao RC Deportivo en A Malata

There are no reactions yet. Be the first!

Racing e Deportivo enfróntanse mañá, a partir das 16:15 horas, en A Malata, nun partido no que, máis aló da rivalidade, están en xogo tres puntos vitais para ambos os equipos. No noso caso, para mantermos con vida unha semana máis nesta recta final do campionato; no do noso adversario, para manter o seu "colchón" respecto aos postos de descenso, sen renunciar nestas xornadas que restan a colarse no grupo de arriba.

O derbi das Rías Altas chega a Ferrol coa mesma intensidade, emoción e sentimentos á flor da pel que de costume e rodeado de intanxibles que multiplican o seu atractivo. No debe racinguista, reconciliarse co gol e, sobre todo, coa vitoria en A Malata.

Alejandro Menéndez afronta o encontro coas xa coñecidas baixas de Luis Perea e Erick Cabaco. Nas filas deportivistas, Gilsanz non poderá contar cos lesionados Escudero, Gauto, Jaime, Obrador e Ximo Navarro.

As bancadas de A Malata volverán a vestirse de gala para un partido que debe ser, ante todo, unha festa do fútbol galego. Colgamos de novo o cartel de "non hai billetes" para unha confrontación que foi declarada polo Consello Superior de Deportes como de alto risco, pero na que non nos cabe dúbida de que racinguistas e deportivistas volverán a ser exemplo de deportividade.

CONVOCATORIA: Emilio Bernad, Naim García, Rober Correa, Aleksa Purić, Naldo, Álvaro Sanz, Chiki, Heber Pena, Eneko Jauregi, Josep Señé, Nacho Sánchez, Emanuel Insúa, Yoel Rodríguez, Aitor Gelardo, David Castro, Fran Manzanara, Josué Dorrío, Brais Martínez, Manu Vallejo, Álvaro Giménez, Raúl Blanco, Aitor Buñuel e Jesús Ruiz.