Skip to main content
Primer Equipo

Un partido marcado en vermello

A segunda volta comeza mañá en A Malata ante o FC Cartagena

There are no reactions yet. Be the first!

Estreamos a segunda volta do campionato recibindo mañá ás 14.00 horas en A Malata ao FC Cartagena. Un partido de vital importancia ante outro dos equipos da zona baixa da clasificación. O choque debe ser un punto de inflexión para entrar nunha boa dinámica que nos permita escalar posicións.

A gran novidade nas filas do equipo que dirixe Cristóbal Parralo será a presenza de Raúl Blanco, que esta mesma semana se converteu no primeiro reforzo da plantilla no mercado invernal. O futbolista, que xa se adestrou cos seus compañeiros, estará á disposición do técnico se este considera oportuno o seu concurso. No capítulo de ausencias, o preparador contará coas baixas dos lesionados Brais Martínez, Fran Manzanara e Erick Cabaco; así como do sancionado Rober Correa.

No caso do FC Cartagena, Jandro recupera a Musto, Cedric e Escriche, pero non poderá contar con Luis Muñoz nin Gonzalo Verdú.

Skip to next section