Skip to main content
Primer Equipo

O Racing Club Ferrol visita á SD Eibar en Ipurúa

Máis de douscentos afeccionados do Racing acompañan ao equipo

There are no reactions yet. Be the first!

O Racing Club Ferrol visita mañá Ipurúa en busca de tres puntos balsámicos. No choque, que comeza ás 14.00 horas, o cadro ferrolán non estará nin moito menos só, pois máis de dous centos de afeccionados racinguistas confirmaron a súa asistencia ao duelo.

Un alento que será vital para que os pupilos de Cristóbal Parralo retomen a senda das vitorias tras o traspié sufrido na última xornada de liga en A Malata fronte ao líder, o Real Racing Club. Tampouco o cadro armero chega en boa dinámica despois de caer no seu último partido no último minuto.

Para esta confrontación, o Racing Club Ferrol contará coas baixas dos lesionados Luis Perea, Rober Correa e Manu Vallejo. Tampouco estarán nin Aitor Gelardo, que sofre algunhas molestias e non viaxará por precaución; nin Bebé, convocado coa selección de Cabo Verde para dous partidos clasificatorios da Copa Africana de Nacións.

No caso da SD Eibar, Joseba Etxeberria non poderá contar con Anaitz Arbilla e Matheus Pereira, mentres que Chema Rodríguez é dúbida.

CONVOCATORIA: Emilio Bernad, Delmás, Puric, Naldo, Álvaro Sánz, Chiki, Álex López, Jauregi, Josep Señé, Nacho, Yoel, David Castro, Fran Manzanara, Dorrío, Brais Martínez, Alvaro Giménez, Moi Delgado, Aitor Buñuel, Erick Cabaco, Jesús Ruiz e David Carballo.

Skip to next section