Presenza racinguista nas seleccións comarcais
Doce xogadores e xogadoras da nosa canteira participaron con Ferrolterra no Campionato Galego
Varios dos nosos xogadores e xogadoras competiron nos últimos días coas seleccións de Ferrolterra nos Campionatos Galegos comarcais celebrados en Narón e Mos.
O campo de Río Seco acolleu o martes o torneo sub-13 e sub-12, que contou coa participación de varios integrantes da nosa canteira. No grupo de maior idade, o seleccionador comarcal convocou a Gael Romalde, Hugo López, Tiago Abella e Edgar Rodríguez. Na categoría sub-12, os citados foron Alejo Martínez, Manuel Embade e Lois Martínez.
O torneo feminino sub-13 disputouse o pasado sábado en Mos e contou con cinco xogadoras racinguistas nas filas de Ferrolterra: Sara Caaveiro, Carolina Rodeiro, Sherezade Rodríguez, Celia Mourente e Heily Nicole Calle.