Skip to main content

Portomotor afianza o seu compromiso co club

A empresa é un dos nosos grandes aliados estratéxicos

There are no reactions yet. Be the first!

O Grupo Portomotor converteuse nos últimos dous anos "nunha peza importante para posicionar o noso proxecto estratéxico en Ferrol e Ferrolterra"apuntaba o Director de Marketing do Racing, Daniel Agra durante o evento. Os valores da marca están totalmente alineados cos do club en canto a proximidade e respecto polo medio ambiente, de aí que a nosa colaboración flúa. O seu Director Xeral, Marcos Alonso, visitounos esta semana para afianzar e escenificar este respaldo como patrocinador do encontro desta xornada ante o Real Zaragoza. Unha acción que converterá á firma en protagonista do choque, ademais de darlle visibilidade a través de diferentes soportes e activos publicitarios.

O CEO da empresa confirmou o compromiso de Portomotor co club, facendo fincapé en que, “nunha comarca acostumada a levantarse”, non ten dúbidas de que o futuro da entidade será prometedor e pasará “por sentar unhas bases sólidas”. “O ano próximo será ilusionante, sacudiremonos o po e miraremos cara adiante”, aseguraba Marcos Alonso na presentación do evento, onde non dubidou en asegurar que a firma estará “encantada” de seguir formando parte da familia racinguista no futuro.