Penúltimo asalto
O Racing xoga en Albacete o seu último partido fóra de casa desta tempada.
A penúltima xornada da LALIGA Hypermotion enfrontarémonos mañá sábado ao Albacete Balompié no Carlos Belmonte. O encontro, que terá lugar ás 18.30 horas, supón a última confrontación como visitante da tempada para o Racing Club Ferrol. E aínda que non nos servirá nin para mellorar nin para empeorar a nosa posición final na táboa, como nas últimas xornadas, a plantilla apela ao compromiso e á profesionalidade para dar continuidade aos últimos resultados positivos que encadeamos. De feito, o equipo foi capaz de sumar catro dos últimos seis puntos en xogo, despois de empatar fóra fronte ao CD Tenerife, e gañarlle en casa ao Cádiz CF.
Facer que esa melloría se prolongue será prioritario nun encontro no que Alejandro Menéndez contará coas baixas xa coñecidas de Luis Perea, Aitor Buñuel, Raúl Blanco e Erick Cabaco. Tampouco se caeu á última hora da convocatoria Naldo como consecuencia dunha gastroenterite.
CONVOCATORIA: Bernad, Naim, Correa, Puric, Álvaro Sanz, Chiki, Heber Pena, Jauregi, Señé, Nacho, Insúa, Yoel, Aitor Gelardo, David Castro, Fran Manzanara, Dorrío, Brais Martínez, Manu Vallejo, Álvaro Giménez e Jesús Ruiz.