Partido crucial para o Racing ante o Córdoba CF
O choque terá lugar mañá, ás 14.00 horas, en A Malata
Partido épico o que nos espera mañá, a partir das 14.00 horas, en A Malata. O Racing Club Ferrol recibe ao Córdoba CF na 28ª de LALIGA Hypermotion cunha imperiosa necesidade de sumar e comezar unha heroica remontada que nos saque dos postos de descenso. O cadro andaluz, a pesar de ser un dos equipos recentemente ascendidos, postulouse como unha escudra moi solvente, especialmente a domicilio, onde logrou algúns triunfos de postín que lle permitiron situarse nunha deshaogada situación clasificatoria
Alejandro Menéndez, que apelou na previa do choque á necesidade de estar sumamente concentrado para que erros puntuais non acaben co plan de partido, seguirá contando para este partido coas baixas de Álvaro Giméne e Fran Manzanara, este último en período de readaptación ao traballo co grupo.
Pola súa parte, Iván Ania non poderá contar nas filas cordobesistas con Isma Ruiz e Alberto del Moral.
CONVOCATORIA: Bernad, Naim García, Rober Correa, Puric, Naldo, Álvaro Sanz, Chiki, Heber, Jauregi, Señé, Nacho, Emanuel Insúa, YOel, Gelardo, David Castro, Dorrío, Brais Martínez, Manu Vallejo, Aitor Buñuel, Erick Cabaco, Luis Perea e Jesús Ruiz.