Skip to main content
Parte Médico | Lucas Díaz será intervido da súa lesión no ombreiro esquerdo

O porteiro sofre unha luxación acromioclavicular de grao 3 que lle fará perder o que resta de tempada.

As probas diagnósticas realizadas ao noso porteiro Lucas Díaz, tras o golpe sufrido o pasado sábado en Lezama durante o partido contra o Bilbao Athletic, determinaron que padece unha luxación acromioclavicular de grao 3 no ombreiro esquerdo, con rotura dos ligamentos asociados.

Lucas Díaz será intervido cirurxicamente a próxima semana para reparar a articulación e, posteriormente, iniciará un proceso de recuperación que o manterá afastado dos terreos de xogo durante o que resta de tempada.

O Racing Club Ferrol quere trasladarlle o cariño de toda a familia racinguista e o seu apoio durante o proceso de recuperación. ¡Ánimo, Lucas!