Situación dos xogadores lesionados
Manzanara someterase a unha proba diagnóstica para determinar o alcance da súa enfermidade.
Fran Manzanara someterase mañá a unha proba diagnóstica para determinar o alcance da dolencia no adutor da súa perna esquerda que lle obrigou a retirarse no descanso do partido disputado onte ante o CD Castellón.
Os servizos médicos do club están tamén pendentes dos resultados da resonancia magnética que lle practicaron nas últimas horas a Erick Cabaco, despois de que unhas molestias no sóleo lle impedisen entrar na convocatoria para o partido do mércores.
No que ao resto de xogadores que están de baixa se refire, Eneko Jauregi continúa coa súa recuperación da lesión muscular no bíceps que lle impediron competir nos últimos dous encontros.
Tanto Brais Martínez como Aitor Gelardo e Rober Correa atópanse na última fase de recuperación das molestias musculares que padeceron nas últimas semanas. Os tres están a realizar traballo de readaptación para incorporarse de forma inminente ao traballo co resto do grupo.
Esta semana deu alta Luis Perea, que xa está á disposición de Cristóbal Parralo.