Skip to main content
Primer Equipo

Jesús Ruiz, xogador Estrella Galicia da tempada

O porteiro foi elixido polos nosos afeccionados como o futbolista máis destacado do equipo.

There are no reactions yet. Be the first!

Jesús Ruiz foi elixido polos afeccionados do Racing Club Ferrol como o xogador Estrella Galicia da tempada 2024/25. O futbolista, que xa fora galardoado en varias ocasións durante os meses previos do campionato, tamén recibiu o recoñecemento global de toda a campaña.

"Dentro de como foron as cousas esta tempada, para min é moi reconfortante que os afeccionados valoraran o meu traballo, porque mirei de vaciarme desde o primeiro día", agradecía Jesús Ruiz.