Skip to main content

O Racing visita ao líder no Heliodoro Rodríguez López

Un cento de afeccionados verdes acompañan ao equipo en Tenerife

There are no reactions yet. Be the first!

A visita ao líder, o CD Tenerife, preséntase como unha nova oportunidade para que o cadro raciguista recupere boas sensacións e rasque algún punto que lle permita seguir cos postos de play-off no punto de mira.

O encontro, programado para as 18:30 horas —horario peninsular— no Heliodoro Rodríguez López, contará coa presenza de case un centenar dos nosos seareiros, que arrouparán ao equipo nesta viaxe.

Para o encontro, Guillermo Fernández Romo contará coa única ausencia de Álvaro Juan. O xogador, que tivo que retirarse no último partido con molestias musculares, someteuse esta semana a probas diagnósticas que revelaron que a súa doenza non reviste gravidade. Porén, por precaución, quedou fóra da convocatoria.