O Racing visita Anduva
Anduva espera ao Racing para dar o pistoletazo de saída á 27ª xornada de LALIGA Hypermotion. O cadro ferrolán mide a partir das 20.30 horas a un dos equipos revelación deste campionato: o CD Mirandés. A regularidade dos burgaleses os catapultou á cuarta posición, a só tres puntos do líder. Cunha esquadra nova, dinámica, ambiciosa e moi vertical, a formación que dirixe Alessio Lisci é un rival esixente para un Racing que xa superou o "baixón" que supuxo o seu último traspié ante o Castellón.
Quince minutos nefastos condenáronnos entón. Quince minutos que o técnico Alejandro Menéndez pretende que sirvan aos seus para aprender cales son os erros capitais que non poden volver a cometer. "Unha zancadilla", así cualificou esa derrota. "Unha zancadilla da que debemos levantarnos e seguir", insistía aludindo claramente a que a loita do seu equipo non é só contra o seu rival, senón contra un mesmo. Unha loita na que só vale sumar e na que de nada serve mirar a clasificación.
"Non podemos ir ver se temos unha e defendela. Temos que ir gañar", expuña o técnico. Toda unha declaración de intencións do que debemos esperar deste Racing.
A enfermería do Racing vai vaciándose e aínda que xogadores como Brais Martínez e Fran Manzanara aínda non están ao cen por cen, Alejandro Menéndez só tivo que deixar en Ferrol por lesión a Álvaro Giménez.
Nas filas do CD Mirandés, Alessio Lisci
CONVOCATORIA: Bernad, Naim, Rober Correa, Puric, Naldo, Álvaro Sanz, Chiki, Heber, Jauregi, Señé, Nacho, Insúa, Yoel, Gelardo, Castro, Fran Manzanara, Dorrío, Brais Martínez, Vallejo, Raúl Blanco, Aitor Buñuel, Cabaco, Luis Perea e Jesús Ruiz.