Skip to main content
O Racing quere estrearse fóra da casa en Riazor

O conxunto de Javi Vázquez mídese mañá, ás 16.30 horas, ao Deportivo Fabril con máis de medio milleiro de racinguistas na bancada.

There are no reactions yet. Be the first!

O Racing ten unha conta pendente lonxe de A Malata. Mañá, sábado, ás 16.30 horas, o equipo de Javi Vázquez visita ao Deportivo Fabril no Abanca Riazor, na sétima xornada de Primeira Federación, coa intención de estrear o seu casilleiro de vitorias a domicilio.

Pero gañar a domicilio non pode ser unha obsesión, senón a consecuencia do traballo ben feito e así se esforzou por transmitilo o técnico aos seus futbolistas na previa do encontro. "Nós sempre afrontamos os partidos coa esixencia de gañar, como calquera outro partido, non temos que poñernos o peso extra na mochila desa esixencia", sintetizaba Vázquez.

A semana foi intensa e frutífera. "Adestramos como avións" recoñecía o preparador, o que ratifica un equipo que chega á Coruña con bo pé. O 2-0 ante o Pontevedra, a terceira vitoria en tres encontros como local, sitúa ao equipo na oitava posición con dez puntos. Pero, máis aló diso, afianza a súa posta en escena e avala o traballo que o grupo está a facer: "Gústame a riqueza táctica e de estruturas que está a desenvolver o equipo para adaptarse ao que o rival propón".

En fronte estará un Deportivo Fabril que ocupa a décima praza con oito puntos, a só dous do Racing, tras sumar dúas vitorias, dous empates e dúas derrotas. O filial branquiazul, recentemente ascendido e dirixido por Manuel Pablo, chega á cita despois de caer a pasada fin de semana en Logroño (2-1).

Para o duelo de mañá, Javi Vázquez recupera a Edgar Pujol, que se reincorpora tras o seu paso pola selección da República Dominicana. A única baixa será a de Álvaro Juan, quen evoluciona moi positivamente da súa lesión no xeonllo.

Afección

Riazor tamén se tinguirá de verde. Máis de medio milleiro de racinguistas acompañarán ao equipo nas bancadas, unha mostra máis de que a marea verde séntese moi próxima a este equipo.