Skip to main content
O Racing estrea o mercado co central Ger Nóvoa

O futbolista, que xoga como defensa central, destaca pola súa rapidez e contundencia.

There are no reactions yet. Be the first!

Ger Nóvoa convértese na primeira fichaxe do Racing Club Ferrol para a campaña 2026/27. O futbolista chega procedente da SD Ponferradina, con quen ata a pasada semana disputou o play-off de ascenso a LALIGA Hypermotion.

Ger Nóvoa (Xinzo de Limia, 1996) é un defensa central que destaca pola súa contundencia, rapidez, concentración e capacidade para competir nos duelos. Trátase dun futbolista cunha notable lectura táctica, seguro nas accións defensivas e con criterio na saída de balón, calidades que lle permiten achegar equilibrio e consistencia á zaga. A súa fiabilidade en situacións de un contra un completan o perfil dun defensor acostumado a responder en escenarios de máxima esixencia.

Formado nas categorías inferiores do Pabellón Ourense, pasou polo Barbadás e o Ourense CF antes de dar o salto, na tempada 2021/22, ao CD Arenteiro, onde se consolidou como unha das pezas importantes do equipo en Primeira Federación grazas á súa regularidade.

O seu rendemento chamou a atención da SD Ponferradina, club no que militou nas dúas últimas campañas, acumulando experiencia nunha categoría marcada pola igualdade e a esixencia e na que disputou 163 partidos e 13.616 minutos.

A súa visión táctica para ocupar os espazos, anticiparse ás accións do rival e soster a liña defensiva converten a Ger Nóvoa nun futbolista de gran valor colectivo e comprometido co traballo do equipo.

¡Benvido a Ferrol, Ger!