Skip to main content
Primer Equipo

O Racing comeza a pretempada na segunda-feira

There are no reactions yet. Be the first!

O Racing Club Ferrol comezará a pretempada o próximo luns, día 8. Entre esa xornada e a seguinte, os xogadores someteranse a diversas probas médicas no Hospital Ribera Juan Cardona, así como a análises biométricos e probas físicas nas instalacións de A Malata. Os futbolistas que xa estiveron no club o pasado exercicio están convocados o luns, mentres que as novas incorporacións pasarán os test o martes.

Os futbolistas non saltarán ao céspede ata o mércores. Cristóbal Parralo e o seu corpo técnico dirixirán este primeiro adestramento da tempada, programado para as 10.30 horas no campo de A Gándara. A sesión será dobre pois, pola tarde, tamén volverán a exercitarse. O traballo prolongarase de forma ininterrumpida ata o domingo 14, cando a plantilla desfrutará da súa primeira xornada de descanso.

De momento, o club ten confirmados catro partidos para esta pretempada. O primeiro deles será, como é tradición, en A Pedreira, onde o sábado 20, ás 19.00 horas, o Racing medirase ao Galicia de Mugardos. Con posterioridade, verase as caras co Bergantiños, o mércores 24, ás 20.15, en Rio Seco; o sábado 27, ás 20.00 horas, en O Couto, ante o Ourense CF; e o 1 de agosto, contra o Real Madrid Castilla en Viveiro. 

20 xullo | 19.00 horas | A Pedreira | Galicia de Mugardos-Racing Club Ferrol

24 xullo | 20.15 horas  Río Seco | Bergantiños-Racing Club Ferrol

27 xullo | 20.00 horas | O Couto | Ourense CF-Racing Club Ferrol

1 agosto | horario por determinar | Cantarrana | Real Madrid Castilla-Racing Club Ferrol