O Racing Club Ferrol Genuine viviu unha nova xornada de deporte e inclusión
A segunda xornada de LALIGA Genuine Moeve disputouse en Xixón
O Racing Club Ferrol participou esta fin de semana na segunda xornada de LALIGA Genuine Moeve, celebrada en Xixón, reafirmando unha vez máis o seu compromiso coa inclusión, o respecto e a deportividade.
Durante dous intensos días de competición, o noso equipo enfrontouse á SD Ponferradina e ao FC Andorra, gozando dunha experiencia chea de ilusión, compañeirismo e bos momentos dentro e fóra do campo. Cada encontro serviu para seguir fortalecendo os lazos que unen ao grupo e para poñer en práctica os valores que inspiran este proxecto pioneiro impulsado pola fundación LALIGA.
Máis alá dos resultados, a participación do Racing Genuine volveu demostrar o esforzo, a alegría e a dedicación de todos os seus integrantes, apoiados polo corpo técnico e acompañantes que fan posible que o equipo siga medrando xornada tras xornada.
Organizada nesta ocasión polo Sporting de Xixón, a segunda fase do campionato reuniu a centos de xogadores e xogadoras de todo o país nun ambiente festivo.
A próxima cita de LALIGA Genuine Moeve para o Racing Club Ferrol será en Burgos, no mes de maio.
GENUINE | 2ª XORNADA LALIGA GENUINE | XIXÓN | 7 E 8 MARZO
- +19