Skip to main content

Recoñecemento para o noso equipo xuvenil na Gala do Deporte Ferrolán

A escuadra racinguista recibiu un premio polo seu ascenso da pasada campaña a División de Honra

There are no reactions yet. Be the first!

Os éxitos deportivos acadados durante a tempada 2024/25, na que logrou o ascenso a División de Honra, valéronlle ao noso Xuvenil A para recibir unha mención especial do xurado durante o transcurso da XXXI Gala do Deporte Ferrolán, que se celebrou na tarde de onte no Auditorio Municipal.

Integrantes daquela plantilla, xunto co corpo técnico de entón, recibiron de mans de representantes municipais este galardón. Un premio que desde o club agradecemos profundamente e que recoñece o esforzo, o compromiso e o traballo realizado durante toda a tempada por parte de xogadores e técnicos.

Este recoñecemento supón, ademais, un motivo de orgullo para toda a familia racinguista e un impulso para seguir traballando no desenvolvemento do noso fútbol base.