O Grupo JRilo, un compromiso sólido co Racing
A empresa será a protagonista do partido patrocinado deste sábado ante o CD Eldense
O Grupo JRilo forma parte dese conxunto de empresas que nos acompañan dende hai anos, respaldando o noso proxecto independentemente da categoría ou os resultados. Por iso, a súa visita resulta especialmente grata, como tamén o é poder darlle, a través do partido patrocinado deste sábado ante o CD Eldense, a repercusión que se merece.
Acompañado por o noso director de marketing do Racing Club Ferrol, Daniel Agra, o director corporativo do Grupo JRilo, Luis Rilo, puxo en valor o proxecto racinguista, que cualificou como “ilusionante”. “A dirección ten claro que esta é unha aposta a longo prazo e iso, de cara ás empresas, é o que conta: ver un proxecto estable e con futuro”, apuntou Luis Rilo, quen confirmou a intención da firma de seguir apoiando ao club independentemente da categoría. “O ascenso foi unha gran alegría, pero agora non nos podemos rasgar as vestiduras”, advertiu, recordando a repercusión que para Ferrol e a súa comarca teñen os éxitos do Racing, porque “que lle vaia ben é unha alegría que redunda en todos. Isto que vivimos nos últimos anos foi unha onda de ánimo”.
Daniel Agra, director de marketing do Racing, agradeceu esa confianza e destacou que o Grupo JRilo forma parte dese 70 % de empresas que nos apoian e que están radicadas en Galicia, o que nos permite manternos arraigados a esta terra. Como parte dos activos do partido patrocinado, o Grupo JRilo terá esta semana unha notable presenza tanto en soportes físicos como dixitais.