Skip to main content
Racing Club Ferrol

elPulpo, patrocinador oficial do gran duelo galego en A Malata

A nosa casa de sastrería será a protagonista do derbi

There are no reactions yet. Be the first!

ElPulpo, a nosa firma oficial de sastrería e roupa lifestyle, cobra protagonismo nesta xornada como patrocinador do partido que mañá nos enfronta en A Malata ao RC Deportivo. Unha auténtica festa do fútbol galego, polo que a firma apostou notablemente nos últimos anos.

O seu presidente e fundador, José Antonio Chacón, visitounos esta semana para ratificar o compromiso que a marca ten co noso club, nun acto no que o noso presidente, Manuel Ansede, agradeceu ese afecto e apoio, e o feito de ter elixido ao Racing como referente para as súas prendas.

O mandatario lembrou a importancia que ten para o club sostener unha alianza destas características cunha empresa galega que, ademais de ser referente no seu sector, comparte coa entidade valores de sostibilidade, compromiso, apego á nosa terra e respecto polo medioambiente. A eles, Chacón engadiu un moi importante: “A humildade que nos caracteriza aos dous e que, a min persoalmente, me enche de orgullo e satisfacción.”