O Grupo Albia renova o seu compromiso co club
A empresa será a protagonista do partido desta semana ante a SD Eibar
O O Grupo Albia renovou esta campanha a alianza que se forjou o pasado exercicio e que esperamos que nos acompañe moitos anos. Un patrocinio que contribuíu significativamente a fortalecer o proxecto do Racing Club Ferrol, a través dun tecido empresarial que trascende as fronteiras da comarca e que nos permitiu crear unha potente comunidade e sentido de pertenza en torno ao club.
Un agradecemento que o noso director de Marketing, Daniel Agra, trasladou a Eduardo Vázquez, director de zona da firma, quen, xunto con Alberto Blanco, responsable nacional de operacións; Alicia López, xerente de Albia Ferrol; e David Escudero, persoal externo do grupo, nos acompañaron esta semana na presentación do Partido Grupo Albia, que coincidirá coa disputa do Racing-SD Eibar.
“O Racing representa o esforzo do día a día, a excelencia na preparación, no coidado de todos os detalles, formando o mellor equipo para enfrontarse a cada partido”, aseguraba Eduardo Vázquez á hora de xustificar o porqué deste respaldo.